www.xermade.com

 



..

Inicio Como chegar Turismo Fotos Noticias

 

       
 

Menú

Inicio

Como chegar

Turismo

Empresas

Restaurantes

Asociacións

Noticias

Fotos

Entrevistas

Antigos alumnos

Festas

Foro

Contacto

 

webs amigas

Xercas

Fermín Pena

Site oficial do concello

Casa da Fraga

Encontro de torneiros

O tempo en Xermade

Deputación de Lugo

   

Entrevistas

 


D. Tomás Rodríguez Arias

¿Cómo foron os seus primeiros anos, D. Tomás?
Nacín no ano 1952 en Vigo. Canto tiña dous anos cheguei a Xermade. O meu pai era de Muras e a miña nai de Roupar. Viñemos a parar a Roupar de Abaixo, onde estudiei os meus primeiros anos na escola de A Criba. Por aquel entón había moitísimos nenos e nenas na parroquia de Roupar. Fixen a enseñanza primaria alí. Despois estudiei en Lugo no colexio "Fillo Garai" e acabei o bachiller no Instituto Pardo Bazán de As Pontes.

¿Poderíanos dicir por dónde discurreu o seu desenvolvemento profesional?
O meu pai tiña unha empresa de transportes e eu continuei esa mesma liña. Creei unha empresa de transportes que tivo momentos moi difíciles e coa que sigo traballando na actualidade.

¿Como o define a vostede a xente que o coñece?
Iso habería que preguntarllo a eles, pero serguramente me definan como unha persoa seria, sen embargo, teño tres fillos con idades entre os 16 e os 20 anos e estou bastante integrado entre a xuventude.

¿Cales son os seus principais obxetivos ó frente do Concello?
O tempo que me atope ó frente do Concello intentarei mellorar o Municipio de tal maneira que unha vez saia de aquí se poida dicir que Tomás Rodríguez Arias fixo algo por Xermade. Teño como prioridade o traer empresas para o Polígono Industrial, e conseguir que se cense máis xente neste Concello. É importante tamén botar para adiante as vivendas sociais e ocupalas con xente que traballe en Xermade.

¿Como foron os seus primeiros días ó frente do Concello?
Todos foron aspectos novos para mín poruqe eu non partía dun ámbito político. Observei que había moitas cousas que dende fora parecían doadas de arreglar, pero unha vez dentro dinme conta de que non era tan sinxelo. Tamén coñecín e estou coñecendo moita xente. Xente da que se aprenden moitas cousas novas. Sen embargo, o que máis cambiou na miña vida foi o número de horas de traballo, que se multiplicou sustancialmente.

*Entrevista realizada el día 28 de decembro de 2004.

 

Envíenos as súas fotos


(1) Pulse en Examinar e seleccione a foto do seu disco duro.
(2) Pulse en Enviar

Correo


¿É vostede veciño de Xermade e gustaríalle ter unha conta de correo electrónico co formato oseunome@xermade.com?
------> Infórmese aquí


 

 

Publicidade

 

 

 

 

 

©Copyright www.xermade.com. Tódolos dereitos reservados.