CANTIGAS DE MOFAS E BURLAS


¿Por qué non cantas paxaro?;

¿por qué non tes alegría?

Non, se foi cousa de noite

Que non se saiba de día.

 

Heiche de dar, queridiño,

Heiche de dar que o teño

Papiñas do millo quente,

Feitas non pote pequeño.

 

O raposo está berrando

No alto de camariñas,

Que lle leven os zapatos

Que lle pican as espiñas.

 

O paxaro de María

Come nas miñas cereixas;

Como paxariño, come,

Verémo-las que me deixas.

 

O río cando vai cheo

Leva carballos e follas;

Tamén podía levar

As linguas “murmuradoras”.

 

A miña muller morreume,

Enterreina no palleiro;

Os fillos veña a chorar,

Eu a toca-lo pandeiro.

 

Anque botes e rebotes,

E volvas a rebotar

Aínda teño un saco cheo

E outro por comezar.

 

Chamáchesme pito cairo,

Porque nacín en xaneiro

Se non me come o raposo,

Hei comer no teu poleiro.

 

Tres mil demonios te leven,

Outros tres carguen contigo;

Se tiñas amores con outras,

Para que falaces comigo.

 

A perdiz anda no monte,

O perdigón no valado;

A perdiz vailee dicindo

Que lle tire polo rabo.

O raposo está berrando

No alto da Feira Nova,

Que lle leven as galiñas

Que ten a muller de engorda.

 

Mira queridiña, mira

Que barba leva aquel home;

Cala queridiña, cala

Que o inverno todo come.

 

Funme casar á montaña,

En terra de Maragatos;

Cunha muller vella, vella,

Toda comesta dos ratos.

 

A miña muller morreu,

Enterreina tras do forno;

Pasei onte por alí,

Inda me chiscou un ollo.

 

Unha vella fixo as papas,

Botoullas o pote fóra

Hai un ano que foi iso,

Aínda agora a vella chora.

 

Aquela vella do diaño

Seica tentou o pecado;

Botaba as verzas no pote,

Remexeunas cun forcado.

 

Non pensei que o toxo verde,

Posto no mar que prendía;

Non pensei que atúa lingua

Tanto mal de min dicía.

 

Pasei pola túa porta

E mirei pola pechadura;

Estabas ti e a túa nai

Mamando no leite da burra.

 

Unha nena nunha fonte

Por unha verza bebía;

A verza estaba rachada,

Toda a auga lle vertía.

 

Meniño dille a teu pai

Que eu agora non te quero

Que te colgue no fumeiro,

No lugar do unto vello.

Carmiña vai na montaña,

E marchou sen os pendientes;

E quedáronlle os detalles

Regañándolle nos dentes.

 

Branquiño, branquiño, branco

Branco coma un caravel.

Xa te teño comparado

co burro de Daniel

 

Eu metinme nun muúiño,

Pechei a porta por dentro;

E cando saín para fóra

Parecía un sacramento.

 

Eu a ti para que te quero,

Eu a ti para que te quero

Para varredoiro do forno

E arrebolarte ó inferno.

 

Manueliño é bo mozo,

Manueliño é bo mozo,

¡quen che mo dera no río

cunha pedra no pescozo!.

 

Xa che dixen que calaras

Que non te quero escoitar

Con homes desvergonzados

Non quero parrafear.

 

Márchate de aí larpeiro,

Non me veñas a insultar

Nin me digas esas coplas

Que non chas quero escoitar.

 

Abur, cara de coello,

Porque me vou a marchar,

Que non quero, máis contigo,

A miña saliva gastar.

 

María ten sete saias,

E todas lle quedan ben

Por debaixo delas todas,

Pasa a máquina do tren.

 

Ándaste parrafeando

cun amor que xa foi meu;

Agora chúpalle os ósos

Que a carne chupeilla eu.

 

Por debaixo da ponte

Víronrte pasar;

As pernas marica,

Viñas de lavar.

 

¿de onde vés, María?

-veño do repolo

-Es ben metireira,

que aínda non ten ollo.

 

Desde o máis alto do ceo

Caeu a lúa e rompeu

Tamén rompeu o espello

Onde me miraba eu.

 

Xanciños disque ten,

Un bo niño no tellado;

Acudide alí veciñas

Que lle escapa de contado.

 

María dille a teu pai,

Que eu agora non te quero

Que te colgue no fumeiro,

No lugar do unto vello.

 

Sementei un pouco orxo

No medio dunhas aveas

A un burriño coma ti

Xa lle puxen as cadeas.

 

Nena que estás na ventana

Coa punta do pano fóra

Se non me bóta-la cara,ç

O pano non me namora

 

O subi-las escaleiras

Un pulga me picou;

Collina polas orellas,

Bofetadas que levou.

 

Manuel por ve-las nenas

Fixo unha ponte de prata;

As nenas non van por ela,

Manuel todo se mata.

 

Eu por ti poñerei loito

de bayeta colorada;

Eu por ti poñerei loito

ti por min non poñas nada.

 

Cando pases por alá

Dálles recordos a tres;

A fulano e a mengano

E a citrano se o ves.

 

O domingo funa á misa,

Miraches para min e riches

Así a aEl-Señor lle parezas,

Como a min me pareciches

 

Farruquiño foi de pesca

E pescou unha malpicana

Máis lle valera a Farruco

Botar un ano na cama.

 

Unha morena con gracia

Pode “salír a la calle”

Unha branca sen colores,

Non pode saír nin sale.

 

Os mociños de bigote,

Véndense a medio real

Para poñer de espantada

O martes de carnaval.

 

Maripepa ten un niño

Entre as tellas do tellado

O niño de Maripepa,

Cando chove está mollado.

 

Teño unha galiña branco

co pescozo encarnado

E da noite para a mañá

Ergue a crista e baixa o rabo

 

Teño unha galiña branca

Que me veu de Redondela

Se fose do abrequén

Facía un caldo con ela.

 

As rapaciñas de castro

Son gordas e pequeniñas

Anda o raposo tras delas

Pensando que son galiñas.

 

Teño un niño de carrizo

Nun alliño de repolo

Déronme as nenas con el

Comeron repolo e todo.

 

Arrastráche-lo cu polas pallas

E fixéche-la cama no chan

E mollaches a berberechiña

Que a tiñas seca do “vran”.

 

Cando entres pola porta

Mira con educación;

Colle o timbre na man

E espera contestación.

 

Se o burro que che mando

é cariño verdadeiro;

¡Ai!, este burro, meniño

vai se-lo teu entroideiro.

 

Este burro que che paso

Que non che pareza mal;

Que son cousas dos amores

en tempos de carnaval.

 

Este burro que che mando

Que non che poareza mal

E cando lle bóte-la auga

Dálla cun pouco de sal.

 

En Nantón non hai bos mozos,

Que os levou a xiada

Que tan só vos quedou un

Que quedou de furricada.

 

Ese lugar de Nantón

Non é lugar nin alforza;

Con tantas corredoiras vellas

Onde o burro abre a gorxa.

 

Botei un peido en Santiago

E tembrou o consistorio;

Os señores escapaban

Pensando que era o demonio.

 

Carballo, curral de vacas,

Montecelo de cabritiños

A Miñata de lambóns;

Mira que tres lugariños.

 

As rapaciñas de agora,

Non son unha que son todas

Poñen tres pares de medias

para face-las pernas gordas.

 

“Adivécheste” alabando

que me habbías de deixar;

agora que eu te deixei,

corre, vaite alabar.

 

Pó-lo sombreiro de lado

Porque eres fillo de rico;

Pódelo poñer dereito

Que eu de ti non necesito.

 

Anque ti tóque-los dentes,

Coma o ferreiro os martelos;

Risa de min non a fas

Anque te coman os demos.

 

Tés un garbo que te mata

E un salero que te parta

Un repolo coma ti

Haino en calquera parte.

 

Teño unha herba na horta

Que se chama correola

Para ti falar comigo

Fáltache un ano de escola.

 

Bota leña nese lar

Anque sexa de loureiro

Para lle chamusca-las barbas,

Ós rapaces do Outeiro.

 

Arrabeas porque canto

Porque río moito máis;

Hei de cantar, hei de rir

Para que arrabees máis

 

Tes un cabazo moi grande

Que leva medio ferrado

Onde pasean os ratos

Co rabo revirichado.

 

Santa Marta de Ortigueira

Santa Marta de Ortigueira

A muller que come a nata

Non ten sorte coa manteiga.

 

Disque tiñas moita palla

Eu na cama non cha vexo,

E a que tés no palleiro

Cabe no fol dun “conexo”.

 

Chamáchesme pera podre,

Eu a ti mazá podrida

A pera podre non se come

A mazá podrida se tira.

 

Nós de aquí e vós de aló

Somos tantos coma vós

Nós comemo-lo carneiro

E os cornos son para vós.

 

Disqued tiñas moito garbo

Porque teu pai era rico

A riqueza do teu pai

Lévaaun corvo no bico.

 

Pasei pola túa porta

Na véspera dunha festa

Estaba túa nai varrendo

Os piollos cunha xesta.

 

Miña nai e maila túa

quedan cun ruído armado

Por culpa dunha galiña

Que tiña amores cun galo.

 

Tontas me chamaron, tontas

Tontas as do meu lugar

Que traballan e non comen

E eu como sen traballar.

 

Bota leña nese lar

Anque sexa toxo macho;

Que van a empezar a bailar

A pulga e mailo caracho.

 

Moito te pintas rapaza

Na “ventana” do nordés;

Moito te pintas rapaza

¡que pouca vergonza tés!.

 

Fun ás mozas á montaña

E metinme nunha lameira

Mellor cousa non merezo

Por estar cunha xalleira.

 

Polo “cuello” da camisa

Vinche baixar un piollo

Viña de Serra Morena

Traía un parche nun ollo.

 

Fun ás mozas á montaña

E espeteime nunha poza,

Deille un abrazo a unha vella

Pensando que era unha moza.

 

No Outeiro hai boas mozas

Na Agualada gana delas

No lugar de Camafreita

Caravillas “pra” cancelas.

 

O merlo e maila merla

Ían polo prado abaixo

O merlo como era pillo

Meteu a merla debaixo.

 

Algún día algo, algo

Agora meu queridiño

Xa non te queren as nenas

Porque estás acabadiño.

 

Miña nai ten unha pola

Que a trouxo da Ribela

O galo de san Cremenzo

Non lle sae de rriba dela.

 

O gaiteiro de Iñaño

Foi tocar a Redondela;

Tódalas mozas dicían

Non hai gaita coma ela.

 

Asubía, asubía

Asubía que vai vento

Eu tamén asubiaba

Cando era do teu tempo.

 

Miña nai e maila túa

E máis outra galdrapeira

Colgaron ó tío Laranxo

Dos ganchos da gramalleira.

 

Eu fixen unha ponte

de palliñas de centeo

Para que pasen os mozos

de Cuns para Cereo.

 

Arrabeas, arrabeas

Acabas de arrabear;

Te-lo veleno no corpo

Acábalo de botar.

 

Se ti vises o que eu vin

Na feira de Monterroso

Vintecinco xastres xuntos

Dacabalo dun raposo.

 

Ó señor desta casa

É á señora tamén

Deus os garde moitos anos

Que lindas cores que ten.

 

Miña nai é unha pobre

E meu pai un vinculeiro

Que non ten galo nin galiña

Que lle cante no poeliro.

 

Aí veñen os de San Paio,

Aí veñen os máis valentes

Traen a Ponte Pequena

Atravesada nos dentes.

 

Este pandeiro que toco,

Este que teño na man

Era de coiro de ovella

Da muller do meu irmán.

 

Non chas quero, non chas quero

nabizas do teu nabal;

non chas quero, non chas quero,

que me poden facer mal.

 

A Carolina é unha tola,

que todo fai ao revés;

vístese pola cabeza

e díspese polos pés.

 

Gasto zapatos e botas;

visto do cal o mellor;

teño un peso no bolsillo,

coma ti que es labrador.

 

Dis que te vas, que te vas;

xa te puideches ter ido;

Se te foses hai un ano,

tíñache o mentes perdido.

 

Arriba pandeiro roto,

abaixo manta mollada;

a onde chegan as mulleres

os homes non valen nada.

 

Non poñas o pé de punta,

non poñas o pé de punta;

que o cura na confesón,

por iso non che pregunta

 

Home de moita parola

gasta o tempo en parolar;

e non fai todo o que di,

nin tampouco di o que fai.

 

O raposo vai á misa

polo camiño do carro;

leva os ollos na cabeza

e o cu debaixo do rabo.

 

O raposo está berrando

no alto de Camariñas;

que lle leven os zapatos,

que lle pican as espiñas.

 

Estonei unha laranxa

e tirei as tonas ao porco;

quen te ha de querer a ti,

“cascabeliño” garboso.

 

E vaite de aí,

xa podes marchar;

que eu na miña vida,

che volvo a falar.

 

Pasei pola túa porta,

pedinche auga e non ma deches;

cando pases pola miña,

farei como me fixeches.

 

Alí arriba

naquel petouto,

había un vello

cagando por outro.

 

Deus che dea tanta sorte

coma ao meu cabalo negro;

sete anos tivo a sarna,

e morreu de sarampelo.

 

A miña muller morreume,

enterreina no palleiro;

deixeille as manciñas fóra

para tocar o pandeiro.

 

Cando eu morra enterrádeme

xunto a ela no palleiro;

poñédeme as mans adentro,

para tocarlle o pandeiro.

www.xermade.com

www.edu.xunta.es/centros